+Infancia é un programa destinado a menores en situación de vulnerabilidade e as súas familias.
A coordinación do programa vai da man de Dignidad Galicia, que traballa en rede con diferentes centros educativos, administracións e entidades da zona.
Entre as distintas actuacións enmarcadas neste programa, en Acción Familiar Ferrol encargámonos das actividades de reforzo educativo e atención psicoterapéutica.
Grazas á combinación de ambos servizos ofrécese unha atención integral e personalizada que aborda tanto as necesidades educativas como emocionais dos/das menores e as súas familias, contribuíndo ao seu benestar e desenvolvemento integral.
A comunicación na era da incomunicación
Onte estivemos en directo a través do noso Instagram (@afa_ferrol) con Carla Saborido, educadora social.
Esta vez falamos sobre o impacto que teñen as tecnoloxías da información e a comunicación na forma que teñen os/as adolescentes de relacionarsde e a importancia de fomentar estilos comunicativos saudables nunha era na que predominan as relacións sociais dixitais.
Como xa sabedes, esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, será posible grazas á subvención do IRPF da Xunta de Galicia.
Se vos interesa esta temática, xa podedes visualizar e escoitar a grabación en Instagram!
Voluntariado Sénior
Outro ano máis, a Xunta de Galicia nos outorgou a subvención de Voluntariado Sénior.
Grazas a ela podemos implementar o noso programa “Acompáñame”. Este realízase na Residencia Mixta de Maiores de Caranza por persoas voluntarias maiores de 55 anos, quenes teñen a labor de apoiar e acompañar a residentes que, por razóns de idade, enfermidade, carencia, dificultade ou ausencia de apoio familiar ou social precisan de axuda para a realización de determinadas actividades imprescindibles na súa vida.
Queremos agradecer á Xunta de Galicia por seguir apoiando á nosa entidade e, máis concretamente, a este programa que, sen dúbida, contribúe ao benestar de quenes o realizan e facilita a vida cotiá de tantas persoas da residencia.
Moitísimas grazas!
REINVÉNTATE
Este mes dá comezo unha nova edición do noso programa Reinvéntate!
Este está dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade debido á súa falta de titulación ou baixa cualificación e ten o obxectivo de favorecer a súa inclusión social.
Nel traballamos de maneira integral, ofrecendo apoio e orientación tanto a nivel laboral, como persoal e familiar.
Este programa está financiado pola Xunta de Galicia (Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade – Secretaría Xeral da Igualdade) e polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Se estades interesadas en formar parte desta nova edición, contactade con nós por calquera dos medios dispoñibles!