Outro ano máis, a Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) nos outorgou a subvención de Voluntariado Xuvenil.
Grazas a ela podemos implementar o noso programa “Tempo de Lecer”. Este realízase na Residencia Mixta de Maiores de Caranza por persoas voluntarias con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, quenes teñen a labor de acompañar aos/ás residentes na realización de diferentes actividades de ocio e tempo libre, tanto dentro como fóra da residencia.
Moitísimas grazas á Xunta de Galicia por seguir colaborando na continuidade deste programa!