PROGRAMA DE INTERVENCIÓN INTEGRAL DESTINADO Á COMUNIDADE XITANA DO CONCELLO DE NARÓN

Financiado polo Concello de Narón mediante un convenio de colaboración.

QUE E?

É un programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana do Concello de Narón que pretender favorecer a integración social, laboral e educativa da poboación xitana do devandito Concello.

COMO FUNCIONA?

O proxecto vai dirixido á totalidade da poboación xitana do Concello de Narón coa que se pretende traballar os seguintes aspectos: emprego e formación, vivenda, educación, saúde, acción social e fomento da cidadanía inclusiva.

SERVIZOS

  • Formación e Emprego.
  • Área de Educación.
  • Área de Vivenda.
  • Área de Saúde.
  • Área de Acción Social.
  • Área de Fomento da cidadanía inclusiva.

A QUEN SE DIRIXE?

Comunidade Xitana do Concello de Narón.

PROGRAMA CUESTIÓN DE INCLUSIÓN

Financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

QUE É?

Cuestión de Inclusión é un programa destinado á comunidade xitana en situación de exclusión social severa.

COMO FUNCIONA?

A través de itinerarios personalizados de inserción, o que se pretende é impulsar as competencias básicas prelaborais das persoas xitanas mediante o asesoramento e o apoio individualizado durante todo o proceso.

SERVIZOS

  • Itinerarios personalizados de inserción.
  • Accións formativas individuais.
  • Obradoiros grupais.
  • Obradoiros de sensibilización online.

A QUEN SE DIRIXE?

Os/as destinatarios/as do programa son persoas xitanas en situación de exclusión social severa empadroadas en algún Concello de Ferrolterra, Eume e Ortegal.