QUEN SOMOS?

Acción Familiar Ferrol é unha organización formada por un equipo de profesionais do ámbito psico-educativo e social que prestan apoio psicolóxico e educacional a través de proxectos e programas dirixidos a menores, mulleres, maiores, minorías étnicas e persoas sen recursos.
AFA Ferrol nace no ano 2000 na Cidade de Ferrol.

CAL É A NOSA VISIÓN?

A nosa visión de futuro, que pretende guiar o traballo de forma coherente, eficiente e eficaz, céntrase nos seguintes puntos:

  • Lograr a plena inclusión e integración das persoas con e para as que traballamos.
  • Implantar proxectos e programas innovadores, que fomenten a participación dos usuarios e usuarias, de maneira que sexan eles os actores e actrices activos do seu propio empoderamento.
  • Acadar un equipo de traballo estable e coordinado, cuxas intervencións respondan a protocolos estandarizados dentro da organización, que sirvan de guía para todas aquelas persoas que se incorporen aos distintos procesos.
  • Aumentar a visibilización da organización e conseguir que os nosos proxectos e programas especializados sexan un referente a nivel provincial.

CALES SON OS NOSOS VALORES?

Entre os nosos valores destacan:

  • SOLIDARIEDADE: Consideramos a solidariedade como unha directriz que caracteriza o noso traballo, tanto cara ao exterior da organización, como no traballo interno. As calidades que definen o noso concepto de solidariedade como valor organizacional son as seguintes: apoio desinteresado ás persoas; xenerosidade e empatía; fomento da confianza entre as persoas; asertividade e traballo en equipo.
  • COMPETENCIA: Cremos no “bo facer” e loitamos por implantalo nas nosas actuacións, centrándonos en conseguir os resultados esperados mediante unha planificación detallada, utilizando criterios profesionais e acompañando todo o proceso con unha dose de tranquilidade e confianza nas nosas capacidades.
  • INCLUSIÓN: Loitamos por alcanzar a plena aceptación social de todas as persoas en igualdade de oportunidades, dereitos e deberes.
  • COMPROMISO: Asumimos responsabilidades para conseguir os mellores resultados posibles tanto cara o interior, baseado no traballo en equipo, como cara ás persoas coas que traballamos, tratándoas con respecto e igualdade.
  • INNOVACIÓN: Cubrimos necesidades no contexto próximo que non están cubertas por outras entidades da zona, a través de programas e proxectos especializados.

QUE FACEMOS?

  • Formación.
  • Apoio Psicolóxico e Xurídico.
  • Acompañamento a maiores.
  • Apoio e reforzo educativo.
  • Educación e mediación familiar.
  • Orientación Laboral.
  • Voluntariado.

CON QUE PERSOAS TRABALLAMOS?

  • Menores.
  • Maiores.
  • Mulleres.
  • Minorías Étnicas.
  • Persoas en perigo de exclusión social.

QUEN FORMA A EQUIPA DE INTERVENCIÓN?

  • 4 Psicólogas.
  • 2 Educadoras.
  • 2 Traballadoras Sociais.
  • 28 persoas voluntarias.