PROXECTO DE EDUCACIÓN FAMILIAR

PROYECTO DE EDUCACIÓN FAMILIAR

Financiado pola Consellería de Política Social e igualdade, da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

QUE É?

Trátase dun proxecto que pretende traballar coas familias para que estas adquiran as capacidades que lles permitan mellorar as súas relacións intra e extrafamiliares, a súa autoorganización, e a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación necesarias para aumentar o seu benestar e a súa calidade de vida.

COMO FUNCIONA?

A actividades desenvolvese en tres niveis:

  • Nivel educativo: este nivel está relacionado coa función de prevención de condutas nocivas para a persoa e o entorno familiar, a través de cursos.
  • Nivel de asesoramento: que pretende facilitar á familia pautas de funcionamento para a dinámica do sistema familiar, así como potenciar as capacidades básicas naquelas familias nas que nun momento determinado se altera o seu ciclo vital. Trabállase cunha familia concreta ou unha persoa membro da mesma.
  • Nivel terapéutico: este nivel consiste en ofrecer intervención especializadas a aquelas familias ás que o asesoramento non dá solución ao problema existente. Trátase do Tratamento externo, comentado con anterioridade no protocolo de actuación: nos casos que se requira unha intervención de profesionais expertos para a súa axeitada resolución, farase unha derivación a persoal externo.

SERVIZOS

  • Cursos Formativos.
  • Sesións de asesoramento persoal ou relacional.
  • Intervención especializadas (xurídicas ou psicolóxicas).

A QUEN SE DIRIXE?

Familias ou persoas individuais en situación de vulnerabilidade.

REFORZO EDUCATIVO – GRUPO DE ESTUDIO ASISTIDO E REFORZO INDIVIDUAL

Logo Caixa ProInfancia

 
Financiado por Caixa Proinfancia.

QUE É?

A obra social da Caixa, a través do programa CaixaProinfancia, persegue unha intervención integral que brinde ás nenas e nenos e ás súas familias servizos de reforzo escolar, atención psicolóxica, educación non formal e tempo libre –en centros abertos, campamentos ou colonias urbanas–, ademais de axudas para a alimentación e hixiene infantil, equipamento escolar, lentes e audífonos.

En xaneiro de 2020, AFA Ferrol asinou un acordo de colaboración coa Caixa para ofrecer un reforzo educativo individual e grupal a nenos e nenas en risco de exclusión. Partimos de que cada nena e neno ten un “superpoder”, o de construír un mañá infestado de posibilidades no que poidan ser o que queiran.

Grazas á Obra Social ”a Caixa” e ao seu programa CaixaProinfancia, desde AFA Ferrol loitamos por romper o círculo de transmisión da pobreza de pais a fillos garantindo o acceso a oportunidades educativas de calidade.

Os obxectivos do programa son:

  • Promover o desenvolvemento de competencias dos mozos e as súas familias que posibilite unha mellora dos seus procesos de integración social e autonomía.
  • Favorecer o desenvolvemento social e educativo da infancia e adolescencia no seu contexto familiar, escolar e social.
  • Desenvolver e introducir un modelo de acción social e educativa integral que posibilite unha mellora das oportunidades de desenvolvemento social e educativo da infancia e as súas familias.
  • Axudar a sensibilizar e mobilizar á sociedade na erradicación da pobreza infantil.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS REALIZADOS DENDE AFA FERROL

  • Afianzar, ampliar e mellorar a aprendizaxe das competencias básicas que potencien unha mellora do rendemento escolar.
  • Impulsar competencias de organización, planificación e desenvolvemento en relación co estudo e a realización de tarefas educativas diversas.
  • Fomentar o gusto por aprender e o bo facer.
  • Adquirir e desenvolver habilidades sociais que melloren a inclusión no medio escolar e social.
  • Abrir un abanico de posibilidades sobre as expectativas de futuro en relación coa formación e itinerario persoal.

COMO FUNCIONA?

Dende a entidade coordinadora remítense os nenos/as participantes a nosa organización (entidade prestadora de servizos).

SERVIZOS

  • Grupo de estudio asistido de primaria.
  • Grupos de estudio asistido de secundaria.
  • Grupo de refuerzo individual de secundaria.

A QUEN SE DIRIXE?

O programa está dirixido a nenas/os e adolescentes de entre 0 e 18 anos e familias en situación de pobreza ou vulnerabilidade social.  Concretamente, diríxese a mozos/as  galegos do Ensanche de Ferrol.

+INFANCIA

PROGRAMA +INFANCIA

Ámbito: Estatal
Calendario: 2024 – 2029
Áreas ás que está adscrito: Inclusión Social, Educación
Destinatarios: Nenos, nenas e adolescentes de entre 0-18 anos en situación de pobreza e exclusión social e as súas familias
Entidades colaboradoras: Fondo Social Europeo (FSE+) (Financiador) e Fundación a Caixa (Cofinanciamento)

Que é?

+Infancia é un programa cuxo principal obxectivo é favorecer a inclusión social de menores en situación ou risco de vulnerabilidade social e das súas familias. Para iso, desenvólvense itinerarios de promoción socioeducativa dirixidos a nenos, nenas e adolescentes (NNYA) de entre 0-18 anos en situación de pobreza e exclusión social e as súas familias. Realízase a través dun modelo de traballo en rede, implementando accións coordinadas coa poboación infantil e as súas familias para a mellora das súas condicións de vida e o seu nivel de inclusión social.

Servizos Ofrecidos

Acción Familiar Ferrol actúa como entidade asociada, implementando servizos de reforzo educativo individual e grupal, así como atención psicoterapéutica tanto para os e as menores como para as súas familias, combinando e personalizando ambos os servizos.
Territorios de Actuación
As actividades desenvólvense na zona de Ferrolterra.

Impacto Social

Cun financiamento total de 149.567,9 € para o período 2024-2029, esta iniciativa espera previr o abandono escolar, promover a integración social e o éxito a longo prazo, ademais de mellorar a calidade de vida dos e das menores e as súas familias, fortalecendo o seu benestar emocional e resiliencia.

Más Información: Fondo Social Europeo – Más Infancia