PROXECTO ACOMPÁÑAME – PROXECTO DE VOLUNTARIADO

Financiado por AFA Ferrol, o Departamento de Voluntariado da Xunta de Galicia.

QUE É?

Trátase dun proxecto de voluntaria que ten como principal obxectivo proporcionar apoio ás persoas maiores institucionalizados ofrecéndolles unha axuda para resolver tarefas como visitas médicas, tramitación de documentos, etc. As persoas maiores pertencen á Residencia de Maiores de Caranza.

COMO FUNCIONA?

As persoas maiores son recollidas na Residencia polo persoal voluntario, que os/as acompañen a os seus diferentes trámites e volven con elas á Residencia.

SERVIZOS

Acompañamento á visitas médicas, tramitación de documentos, compras persoais…

A QUEN SE DIRIXE?

As persoas destinatarias do proxecto de voluntariado son persoas entre 18 y 65 años, mulleres ou homes.
As persoas destinatarias finais do proxecto son os/as maiores da Residencia de Maiores de Caranza.

PROXECTO TEMPO DE LECER – PROXECTO DE VOLUNTARIADO

Financiado por AFA Ferrol, o Departamento de Voluntariado da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

QUE É?

Trátase dun proxecto de voluntaria que ten como principal obxectivo proporcionar apoio ás persoas maiores que viven na Residencia de Maiores de Caranza ofrecéndolles unha interacción social con persoas de fóra do seu entorno habitual que lles faciliten a participación en actividades de lecer e tempo libre.

COMO FUNCIONA?

As persoas voluntarias acompañan ás persoas maiores dentro da residencia durante unha tarde ou mañá a semana.

SERVIZOS

Proporcionar tempo de ocio ás persoas maiores dentro da Residencia de Maiores de Caranza.

A QUEN SE DIRIXE?

As persoas destinatarias do proxecto de voluntariado son persoas entre 18 y 65 años, mulleres ou homes.

As persoas destinatarias finais do proxecto son os/as maiores da Residencia de Maiores de Caranza.

PONTE EN LIÑA

Financiado pola Consellería de Política Social e igualdade da Xunta de Galicia e por AFA Ferrol.

QUE É?

Este programa ten como obxectivo proporcionar apoio ás persoas maiores no uso de tecnoloxía para mellorar a súa calidade de vida, fomentar a súa autonomía e paliar o sentimento de soidade.

A QUEN SE DIRIXE?

  • A persoas residentes da Residencia de Maiores de Caranza, que poden acceder poñéndose en contacto co persoal do centro.
  • A persoas maiores de 65 anos, que poden acceder poñéndose en contacto con nós a través de teléfono, email ou acudindo en persoa a nosa sede na Casa Solidaria (Ferrol).

COMO FUNCIONA?

Lévase a cabo a través de:

  • Actividades grupais na entidade.
  • Actividades de apoio individualizado na Residencia de Maiores de Caranza.
  • Actividades de sensibilización sobre diversos temas relacionados coa tecnoloxía e as persoas maiores a través de webinars.

No relacionado coa atención directa coas persoas participantes, partindo dunha metodoloxía dinámica e do respecto á autodeterminación e ás necesidades individuais, establecerase un itinerario conformado por 4 fases distintas que permitirán a dixitalización das persoas participantes, traballando cos seguintes dispositivos: móbiles, táblets, RV e asistentes de voz.

SERVIZOS

  • Apoio no uso de dispositivos móviles, xa sexan unha versión antiga ou nova.
  • Apoio no uso de táblets.
  • Apoio no manexo de gafas de Realidade Virtual.
  • Apoio no uso de asistentes de voz.