PROXECTO INTÉGRA-T – PROXECTO DE VOLUNTARIADO

AFA FERROL Proyecto integra-t
Financiado por AFA Ferrol, o Departamento de Voluntariado da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol.

QUE É?

O que pretende o proxecto “Intégra-T” é a realización de actividades de Educación non formal (educación fora dos centros regulados) no marco da Educación Compensatoria (apoio as ensinanzas adquiridas nos centro regulados), como respaldo ás actividades realizadas dende os centros de ensino.

COMO FUNCIONA?

Este proxecto foi deseñado para atender a todos aqueles nenos e nenas que por razóns persoais e/ou socioculturais presentan un baixo nivel académico e se atopan en risco de exclusión social. Baseándose nos principios de educación comentados con anterioridade.

Os menores son derivados dende os centros a través do departamento de orientación e dende AFA Ferrol se xestiona a súa asistencias aos diferentes servizos.

SERVIZOS

  1.      Reforzo Escolar desenvolvido polo persoal voluntario.
  2.      Clases de Apoio no Fogar Infantil
  3.      Atención psicolóxica / Apoio Familiar

A QUEN SE DIRIXE?

As persoas destinatarias finais do proxecto son menores entre 6 e 17 anos da Comarca de Ferrolterra.

As persoas destinatarias do proxecto de voluntariado son persoas entre 18 y 65 años, mulleres ou homes, con diferentes perfiles relacionados coas educación ou materias concretas de Educación Secundaria.