PROXECTO DE EDUCACIÓN FAMILIAR

Financiado pola Consellería de Política Social e igualdade, da Xunta de Galicia.
QUE É?
Trátase dun proxecto que pretende traballar coas familias para que estas adquiran as capacidades que lles permitan mellorar as súas relacións intra e extrafamiliares, a súa autoorganización, e a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación necesarias para aumentar o seu benestar e a súa calidade de vida.
COMO FUNCIONA?
A actividades desenvolvese en tres niveis:
- Nivel educativo: este nivel está relacionado coa función de prevención de condutas nocivas para a persoa e o entorno familiar, a través de cursos.
- Nivel de asesoramento: que pretende facilitar á familia pautas de funcionamento para a dinámica do sistema familiar, así como potenciar as capacidades básicas naquelas familias nas que nun momento determinado se altera o seu ciclo vital. Trabállase cunha familia concreta ou unha persoa membro da mesma.
- Nivel terapéutico: este nivel consiste en ofrecer intervención especializadas a aquelas familias ás que o asesoramento non dá solución ao problema existente. Trátase do Tratamento externo, comentado con anterioridade no protocolo de actuación: nos casos que se requira unha intervención de profesionais expertos para a súa axeitada resolución, farase unha derivación a persoal externo.
SERVIZOS
- Cursos Formativos.
- Sesións de asesoramento persoal ou relacional.
- Intervención especializadas (xurídicas ou psicolóxicas).
A QUEN SE DIRIXE?
Familias ou persoas individuais en situación de vulnerabilidade.