ACCIÓN FAMILIAR FERROL

Acción Familiar Ferrol (AFA Ferrol) é unha organización formada por un equipo de profesionais do ámbito psico-educativo e social que prestan apoio psicolóxico e educacional a través de proxectos e programas dirixidos a menores, mulleres, maiores, minorías étnicas e persoas sen recursos.

Día Internacional das Familias

O Día Internacional das Familias celébrase o 15 de maio de cada ano, co fin de concienciar á poboación sobre o papel que ten a familia na educación dende a primeira infancia, e fomentar os lazos e a unión familiar ...

Día Mundial do Medio Ambiente

O 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente, coa finalidade de sensibilizar á poboación mundial acerca da importancia de coidar o ecosistema e fomentar o respecto ao medio ambiente. Neste ano 2023 a campaña do Día Mundial ...

Inicio do Programa “Superheroes”

Comezamos o programa “Superheroes”!!!
É un programa de intervención ante situacións de acoso escolar, financiado polo Concello de Ferrol. Nesta experiencia piloto contamos cunha psicóloga, que intervén co alumnado derivado dos centros educativos da cidade para mellorar o seu benestar ...

Ponte en liña: De novo abrimos a xanela!!

Febreiro arrinca cunha nova edición do noso programa Ponte en Liña! Este programa está dirixido as persoas maiores co fin de achegarlles coñecementos básicos sobre as novas tecnoloxías e intentar así crebar a barreira tecnolóxica coa que se atopan á ...

Día escolar da Paz e da non violencia!!

O pasado Luns día 30 de Xaneiro, foi o día escolar da paz e da non violencia. En AFA Ferrol cremos na cultura da paz, tolerancia e respecto mutuo e consideramos que a escola é a ferramenta para a acadar ...

Nova Edición Reinvéntate

O pasado venres, 20 de xaneiro, deu comezo unha nova edición de Reinvéntate! Como xa sabedes, este é un programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
  •  Dirixido a mulleres sen formación ou con baixa cualificación.
  • ...

Día Internacional da Educación

Onte, Martes 24 de Xaneiro, foi o día internacional da Educación. A educación é un dereito fundamental, e dende AFA Ferrol sempre apostamos por unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todas as persoas. Por iso, quixemos facer partícipe ...

Escola de Familias: Segunda Edición do Obradoiro de Sexualidade

Abrimos o prazo de inscrición na Escola de Familias!! Xa non queda nada para que comece a Segunda Edición do noso Obradoiro de Sexualidade, que contará con 3 sesións os días 1, 8 e 15 de Febreiro en horario de ...