8 de abril – Día Internacional do Pobo Xitano

O pasado 8 de abril foi o Día Internacional do Pobo Xitano. Co motivo de conmemorar este día, levouse a cabo  unha xornada de conmemoración e reivindicación dos dereitos e da cultura xitana no salón de plenos do Concello de Narón

Agradecemos enormemente a participación de todo o colectivo, especialmente ás participantes da formación de mellora da empregabilidade, quenes elaboraron un vídeo de visibilización dos prexuízos que carga o pobo xitano polo feito de selo.  Tamén queremos amosar os nosos agradecementos ao grupo de mariscadores, por demostrar a súa constancia e ser un exemplo para a mocidade.

           

Ademais, para continuar coa celebración desta data, tivo lugar unha semana de portas abertas na Casa da Cultura de Narón.
Supuxo unha gran oportunidade para visibilizar a cultura do pobo xitano e as accións que, dende AFA Ferrol, se levan a cabo co colectivo do Concello de Narón.

       

Sastipen Thaj Mestipen!💙❤️💚
Saúde e Liberdade!

8 M – Día Internacional de la Mujer Trabajadora

O día 8 de marzo conmemórase en todo o mundo a loita das mulleres pola igualdade e polo recoñecemento dos seus dereitos.

Lamentablemente, queda camiño por percorrer para conseguir a igualdade real entre homes e mulleres, sendo este percorrido aínda máis longo cando pensamos noutros lugares nos que a liberdade das mulleres vese coartada en case todos os ámbitos.

Dende AFA Ferrol apoiamos a mulleres en situación de vulnerabilidade, promovendo o seu empoderamento. Ademais, incorporamos o enfoque de xénero en todos os nosos programas e adoptamos as medidas necesarias para garantir a igualdade de dereitos no ámbito laboral entre todas as persoas que forman parte do equipo.

As persoas que forman parte do Programa Integral de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana de Narón tamén quixeron conmemorar este día. Participaron na elaboración de distintos materiais, á vez que reflexionaron sobre as liberdades e o feminismo. Finalmente, realizaron a seguinte actividade reivindicativa cos materiais elaborados.

       

 

¡Recuerda que la lucha por la igualdad es una tarea constante y necesaria!

 

PONTE EN LIÑA

A pasada semana comeza unha nova edición do noso programa Ponte en Liña, o cal ten a finalidade de promover o uso das novas tecnoloxías na terceira idade.

Este programa, subvencionado pola @xuntadegalicia, pretende acabar coa barreira tecnolóxica existente entre as persoas maiores e os/as máis novos/as.

Agardamos que nesta nova etapa o programa teña a mesma acollida que o ano pasado!

Conéctate e abre unha xanela ao mundo! 🔌

Día Internacional das Familias

O Día Internacional das Familias celébrase o 15 de maio de cada ano, co fin de concienciar á poboación sobre o papel que ten a familia na educación dende a primeira infancia, e fomentar os lazos e a unión familiar.

En Acción Familiar Ferrol, durante ese día, os nosos grupos de reforzo educativo levaron a cabo unha actividade para poñer en valor a todas as familias, tamén ás moitas coas que traballamos.

Porque FAMILIA é o grupo de persoas que ti elixes!

Día Mundial do Medio Ambiente

O 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente, coa finalidade de sensibilizar á poboación mundial acerca da importancia de coidar o ecosistema e fomentar o respecto ao medio ambiente. Neste ano 2023 a campaña do Día Mundial do Medio ambiente leva como lema: “Sen contaminación por plásticos”♻

400 millóns de toneladas de plástico se producen a nivel mundial cada ano, e menos do 10% recíclase. Millóns de toneladas acaban en ríos, lagos e mares, invadindo así o auga e o aire, e incidindo negativamente na saúde das persoas, dos animais e do planeta.

Por todo elo, este ano o tema foi o problema do plástico, e os nosos grupos de reforzo educativo quixeron aproveitar a ocasión para realizar unha actividade de sensibilización.

Coidemos o planeta!🌍

Inicio do Programa “Superheroes”

Comezamos o programa “Superheroes”!!!
É un programa de intervención ante situacións de acoso escolar, financiado polo Concello de Ferrol.

Nesta experiencia piloto contamos cunha psicóloga, que intervén co alumnado derivado dos centros educativos da cidade para mellorar o seu benestar físico e emocional.

Para máis información:
📞981358023
📧 afaferrol@accionfamiliar.org

Ponte en liña: De novo abrimos a xanela!!

Febreiro arrinca cunha nova edición do noso programa Ponte en Liña!

Este programa está dirixido as persoas maiores co fin de achegarlles coñecementos básicos sobre as novas tecnoloxías e intentar así crebar a barreira tecnolóxica coa que se atopan á hora de comunicarse coas súas familias.

Dende AFA Ferrol, apostamos por un acompañamento dixital onde se axude a persoas sen coñecementos ou con coñecementos básicos a desenvolverse con diversos dispositivos, como son os teléfonos móbiles, as tablets e aqueles que se activan pola voz, como é o caso de Alexa.

Xa sabedes cal é o noso lema: Conéctate e abre unha xanela ao mundo!

Día escolar da Paz e da non violencia!!

O pasado Luns día 30 de Xaneiro, foi o día escolar da paz e da non violencia.

En AFA Ferrol cremos na cultura da paz, tolerancia e respecto mutuo e consideramos que a escola é a ferramenta para a acadar o entendemento entre todas as persoas e o seu compromiso de concordia.

Por iso o alumnado que forma parte das actividades formativas do Programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana do Concello de Narón, quixo participar deste día elaborando un mural para reivindicar a necesidade de que as escolas sexan espazos libres de violencia.

“Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño” – Mahatma Ghandi – ☮

Nova Edición Reinvéntate

O pasado venres, 20 de xaneiro, deu comezo unha nova edición de Reinvéntate!

Como xa sabedes, este é un programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

  •  Dirixido a mulleres sen formación ou con baixa cualificación.
  • Na Casa Solidaria, 6º andar.
  • O programa durará ata o mes de agosto.

Para inscribirte ou para máis información ponte en contacto no 981358023 ou a través do email: afaferrol@accionfamiliar.org

Día Internacional da Educación

Onte, Martes 24 de Xaneiro, foi o día internacional da Educación.

A educación é un dereito fundamental, e dende AFA Ferrol sempre apostamos por unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todas as persoas.

Por iso, quixemos facer partícipe a todo o alumnado que forma parte dos nosos programas de Reforzo Educativo deste día.

 Nenos e nenas involucráronse nunha preciosa actividade na que puideron expresar o compromiso que todos e todas temos coa ensinanza e a aprendizaxe.

A educación é a mellor ferramenta para cambiar o mundo.

 

 

 

 

2024 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA