Actuación Coral Eixil de Cedeira

Na tarde de onte, 8 de xuño, celebrouse na Residencia de Maiores de Caranza, unha actuación da Coral Polifónica Eixil de Cedeira.

Foi unha tarde festiva para todos/as os/as participantes, voluntarios/as e residentes.

A Residencia agradeceu ao persoal voluntario de Acción Familiar os programas que desenvolve na Residencia, dirixidos á terceira idade.

Este concerto celébrase dentro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Formación permiso de conducir B

📚💻 Presentámosvos o novo cartel da nosa aula de formación do permiso de conducir clase B, onde explicamos o temario, realizamos test e resolvemos dúbidas.

📍 Na Casa da Cultura de Narón.

📅 As clases impártense os xoves ao longo de todo o ano, e son totalmente gratuítas.

🖱📧 É unha formación práctica e útil que ten como obxectivo que os alumnos e alumnas aproben a parte teórica do permiso de conducir clase B, e así melloren a súa inclusión no mercado laboral.

👉 Esperámoste!
Fala con nós para apuntarte.

Actuación Coral Polifónica Eixil de Cedeira

O vindeiro 8 de xuño teremos a actuación da Coral Polifónica Eixil de Cedeira, na Residencia de Maiores de Caranza, como agradecemento ao persoal voluntario que participa nos nosos programas dirixidos á terceira idade.

Este concerto realizarase ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Formación novas tecnoloxías

Hoxe comeza na nosa sede de Narón a formación práctica básica en novas tecnoloxías, pero… aínda estás a tempo de apuntarte!

As clases serán impartidas durante os luns do mes de xuño, e facilitarán a inclusión no mundo dixital de toda aquela persoa que teña interés no tema.

Será unha formación práctica e útil para realizar calquera xestión básica a través de internet, realizada ca colaboración do Concello de Narón.

Esperámoste!

2024 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA