Inicio do Programa “Superheroes”

Comezamos o programa “Superheroes”!!!
É un programa de intervención ante situacións de acoso escolar, financiado polo Concello de Ferrol.

Nesta experiencia piloto contamos cunha psicóloga, que intervén co alumnado derivado dos centros educativos da cidade para mellorar o seu benestar físico e emocional.

Para máis información:
📞981358023
📧 afaferrol@accionfamiliar.org

Ponte en liña: De novo abrimos a xanela!!

Febreiro arrinca cunha nova edición do noso programa Ponte en Liña!

Este programa está dirixido as persoas maiores co fin de achegarlles coñecementos básicos sobre as novas tecnoloxías e intentar así crebar a barreira tecnolóxica coa que se atopan á hora de comunicarse coas súas familias.

Dende AFA Ferrol, apostamos por un acompañamento dixital onde se axude a persoas sen coñecementos ou con coñecementos básicos a desenvolverse con diversos dispositivos, como son os teléfonos móbiles, as tablets e aqueles que se activan pola voz, como é o caso de Alexa.

Xa sabedes cal é o noso lema: Conéctate e abre unha xanela ao mundo!

Día escolar da Paz e da non violencia!!

O pasado Luns día 30 de Xaneiro, foi o día escolar da paz e da non violencia.

En AFA Ferrol cremos na cultura da paz, tolerancia e respecto mutuo e consideramos que a escola é a ferramenta para a acadar o entendemento entre todas as persoas e o seu compromiso de concordia.

Por iso o alumnado que forma parte das actividades formativas do Programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana do Concello de Narón, quixo participar deste día elaborando un mural para reivindicar a necesidade de que as escolas sexan espazos libres de violencia.

“Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño” – Mahatma Ghandi – ☮

2024 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA