O pasado 8 de abril foi o Día Internacional do Pobo Xitano. Co motivo de conmemorar este día, levouse a cabo unha xornada de conmemoración e reivindicación dos dereitos e da cultura xitana no salón de plenos do Concello de Narón
Agradecemos enormemente a participación de todo o colectivo, especialmente ás participantes da formación de mellora da empregabilidade, quenes elaboraron un vídeo de visibilización dos prexuízos que carga o pobo xitano polo feito de selo. Tamén queremos amosar os nosos agradecementos ao grupo de mariscadores, por demostrar a súa constancia e ser un exemplo para a mocidade.
Ademais, para continuar coa celebración desta data, tivo lugar unha semana de portas abertas na Casa da Cultura de Narón.
Supuxo unha gran oportunidade para visibilizar a cultura do pobo xitano e as accións que, dende AFA Ferrol, se levan a cabo co colectivo do Concello de Narón.
Sastipen Thaj Mestipen!💙❤️💚
Saúde e Liberdade!