Inicio Programa “Inclusión 360º”

 

Este mes de maio dá comezo o noso programa Inclusión 360º, destinado a mulleres con discapacidade.

A súa finalidade principal é favorecer ou mellorar a súa inclusión sociolaboral. Para elo realizaranse actuacións directas coas participantes co obxectivo de promover o seu empoderamento persoal, mellorar a súa empregabilidade e proporcionarlles orientación cara un emprego digno e estable.

Ademais, tamén se desenvolverán diferentes accións dirixidas tanto ás súas familias como á sociedade en xeral.

A realización deste programa é posible grazas á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade. Queremos amosarlle os nosos agradecementos por outorganos a subvención que nos permitirá mellorar a calidade de vida das nosas destinatarias e loitar en contra do estigma existente arredor das mulleres con discapacidade.

Non dubides en poñerte en contacto a través dos diferentes medios que tes á túa disposición se desexas obter máis información.

Inclusión 360º

Inclusión 360º é un programa que ten como finalidade favorecer a integración sociolaboral de mulleres con discapacidade. Para elo, realizaranse diferentes actuacións para promover o desenvolvemento persoal das participantes, así como a adquisición de habilidades tanto persoais, como sociais e laborais que melloren a súa empregabilidade e que faciliten o seu proceso de búsqueda, acceso e mantemento dun posto laboral.

Ademais, levaranse a cabo accións coas familias das destinatarias para proporcionarlles orientación para apoiar ás súas familiares no seu proceso de empoderamento, abordar diferentes situacións que poden surxir nas relacións intrafamiliares e facilitar información relevante sobre a discapacidade e
todo o que esta abarca.

Finalmente, coa implementación deste programa tamén se desenvolverán actividades de información, formación e sensibilización en relación aos conceptos de discapacidade e de xénero nas redes sociais.

A continuación, invitámosvos a que coñezades máis en profundidade Inclusión 360º: Tríptico.pdf

Este programa está subvencionado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade.

Campaña de Sensibilización Día Internacional do Pobo Xitano

🔵 Este ano, no Programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana do @concellodenaron, para conmemorar o 8 de Abril, realizouse unha campaña de sensibilización onde nenos e nenas da comunidade xitana comparten as súas voces co mundo para transmitir os seus soños e aspiracións.

🔴 Esta campaña, que leva por nome “Non sexas ti quen limite o seu futuro”, proxectouse no acto levado a cabo o día Internacional do Pobo Xitano.

🟢 Deixámosvos o video para que o disfrutedes na seguinte ligazón!

Vídeos Instagram 📲

Hoxe queremos deixarvos a ligazón dalgúns dos vídeos que podedes atopar no noso perfil de Instagram (@afa_ferrol), feitos tanto polos rapaces e rapazas de “Reforzo Educativo” como polas mulleres de “Relatos entre Retais”. Conmemoran, por un lado, o Día da Muller e a Nena na Ciencia e, por outro, o 8M, Día Internacional da Muller.

Ambos proxectos forman parte do Programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana do @concellodenaron. 

Acto 8 de Abril, día Internacional do Pobo Xitano

Este pasado martes 8 de Abril celebramos na Casa da Cultura de Narón o día Internacional do Pobo Xitano.

Durante o acto, tivo lugar a lectura do manifesto xitano e a proxección en formato vídeo de campañas destinadas a sensibilizar e romper cos estereotipos referidos á comunidade xitana. Ademais, houbo xornada de portas abertas para visualizar a exposición “Coñecendo a Cultura Xitana”, a cal recompila unha mostra de diferentes elementos presentes na cultura xitana.

Queremos agradecer a presenza e colaboración do @concellodenaron.

Por un mundo libre de prexuízos! 💙❤️💚

Directo “Desafiando os estereotipos sobre a comunidade xitana”

O luns 7 de Abril levamos a cabo un directo na nosa conta de Instagram (@afa_ferrol). Tratamos cerca dos estereotipos e prexuízos asociados á comunidade xitana, co obxectivo de explorar, cuestionar e reflexionar sobre estes estigmas e tratar de entender ao pobo xitano dende unha perspectiva máis xusta baseada na realidade.

Esta actividade forma parte dun dos nosos programas destinados á comunidade xitana: “Cuestión de inclusión”, que está subvencionado pola @xuntagalicia.

Podédelo visualizar na seguinte ligazón. Grazas pola atención!

Directo “Importancia da Educación Emocional no ámbito familiar”

O pasado 27 de Marzo falamos acerca da importancia da educación emocional dende o ámbito familiar para que os nenos e as nenas sexan capaces de recoñecer, entender e expresar as súas emocións e favorecer así o seu proceso de desenvolvemento.

Coma sempre, esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, é posible grazas á subvención do IRPF da @xuntagalicia.

Podedes botarlle un ollo ao directo na seguinte ligazón e na nosa conta de Instagram (@afa_ferrol)

Directo “Influencia das RR.SS na imaxe corporal de adolescentes”

O pasado 6 de Marzo levamos a cabo na nosa conta de Instagram (@afa_ferrol) un directo acerca de cómo as Redes Sociais repercuten de maneira negativa na autoestima, autoconcepto e imaxe corporal das persoas adolescentes. Tamén falamos de pautas para previr a insatisfacción corporal dende a infancia.

Coma sempre, esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, é posible grazas á subvención do IRPF da @xuntagalicia.

Deixámosvos a ligazón para que lle poidades botar un ollo!

Webinar “Seguridade Dixital”

O 26 de Febreiro levamos a cabo un Webinar na nosa conta de Instagram (@afa_ferrol) no que falamos da seguridade no uso de dispositivos electrónicos e nas redes sociais. Trátase dunha novidade do programa “Ponte en Liña”, relacionado coas persoas maiores e a tecnoloxía. 👴🏼👵🏼

Grazas á financiación da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, continuamos coas actividades grupais e individuais na Residencia de Maiores de Caranza e na Casa Solidaria, á que se suman estas novas pílulas informativas. 📱

Tedes a ligazón do directo para máis información. Non volo perdades!

Subvención FOAXE-P 2024

Durante os meses de maio a decembro de 2024, mediante a convocatoria de FOAXE-P, a Deputación da Coruña subvencionou con 4240€ (15%) a continuación do Proxecto de Educación Familiar.

Hai varios anos que a @depucoruna nos concede esta subvención; con ela podemos realizar prevención de problemáticas familiares e proporcionar apoio psicolóxico e xurídico ás persoas con escasos recursos.

Moitas grazas!!

2025 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA