Este ano continuamos co Programa “Caixa Proinfancia”, da man de @fundlacaixa @caixaproinfanciavigo.
Este focalízase no reforzo individual e grupal destinado a rapaces e rapazas en risco de exclusión. Tamén se trata de potenciar a aprendizaxe global, en canto a valores e intelixencia emocional.
O obxectivo principal é romper o círculo de transmisión da pobreza dunha xeración á seguinte, garantindo o acceso a oportunidades educativas de calidade.