O día 6 de Febreiro compartimos con vós este directo dende a nosa conta de Instagram (@afa_ferrol). Falamos de diferentes factores de risco na adolescencia, relacionados coa violencia de xénero, así como de variables que incrementan a probabilidade de sufrilo. Tamén comentaremos o papel das familias á hora de previr esta problemática.
Coma sempre, esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, será posible grazas á subvención do IRPF da @xuntagalicia.
Invitámosvos a visualizar e escoitar o directo na seguinte ligazón para saber máis. Grazas pola vosa atención!