Este mes de maio dá comezo o noso programa Inclusión 360º, destinado a mulleres con discapacidade.
A súa finalidade principal é favorecer ou mellorar a súa inclusión sociolaboral. Para elo realizaranse actuacións directas coas participantes co obxectivo de promover o seu empoderamento persoal, mellorar a súa empregabilidade e proporcionarlles orientación cara un emprego digno e estable.
Ademais, tamén se desenvolverán diferentes accións dirixidas tanto ás súas familias como á sociedade en xeral.
A realización deste programa é posible grazas á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade. Queremos amosarlle os nosos agradecementos por outorganos a subvención que nos permitirá mellorar a calidade de vida das nosas destinatarias e loitar en contra do estigma existente arredor das mulleres con discapacidade.
Non dubides en poñerte en contacto a través dos diferentes medios que tes á túa disposición se desexas obter máis información.