Directo “Cara unha comprensión real da discapacidade”

Gustaríanos compartir con vós o último directo levado a cabo na nosa conta de instagram.

Nel, abordamos a evolución da mirada social cara a discapacidade, os diferentes tipos que existen e as múltiples barreiras ás que se enfrontan as persoas con discapacidade na súa vida cotiá.

É fundamental comprender que este concepto non fai referencia únicamente ás limitacións que pode presentar unha persona, senón tamén aos obstáculos -xa sexan comunicativos, actitudinais, legais ou institucionais- que impiden ou dificultan a súa plena participación na sociedade.

Esta actividade forma parte de “Inclusión 360º”, un programa subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da @xuntagalicia, destinado a favorecer a integración sociolaboral de mulleres con discapacidade.

Para visualizado máis en detalle, podedes acceder a él na seguinte ligazón!

Obradoiro “Discapacidade”

Recentemente levamos a cabo un obradoiro no que se abordou o tema da discapacidade e as súas diferentes formas. Ademais, mediante dinámicas participativas, reflexionouse sobre as distintas barreiras ás que teñen que enfrontarse as persoas con discapacidade no seu día a día.

Os/as participantes ofreceron a súa visión a través de experiencias vividas de primeira man e tamén debateron en torno aos estereotipos e prexuízos que envolven a este colectivo, así como sobre cales son as causas e consecuencias destes.

Finalmente, compartíronse unha serie de estratexias prácticas destinadas a favorecer a inclusión e a participación das persoas con discapacidade, especialmente cando estas forman parte do seo familiar.

Esta actividade forma parte de noso Programa “Inclusión 360º”, e é posible grazas á subvención de IRPF da @xuntagalicia

Directo “Hábitos de Estudo”

Hoxe queremos falarvos doutro directo compartido na nosa conta de instagram.

Nel, falouse acerca da importancia do apoio familiar durante a etapa académica. Reflexionouse sobre a influencia que esta ten no rendemento escolar de nenos e nenas. Ademais, propuxéronse algunhas claves para poder facilitar a adquisición de hábitos de estudo.

Este directo forma parte do Proxecto de Educación Familiar, que está subvencionado pola @xuntagalicia, e podedes velo na seguinte ligazón.

Grazas pola vosa atención!

Directo “Teito de Cristal e Segregación Ocupacional”

Compartimos con vós este directo no que se falou acerca da segregación ocupacional e das desigualdades de xénero no entorno laboral. Reflexionouse sobre as barreiras que crean factores como os estereotipos de xénero, a discriminación e a falta de políticas igualitarias. Ademais propuxéronse algunhas medidas para poder fomentar a igualdade.

Este directo forma parte de Construíndo o meu futuro, que está subvencionado pola @xuntagalicia

Podedes visualizalo na seguinte ligazón, así como botarlle un ollo á nosa conta de instagram. Agardamos que sexa de interés!

Programa +Infancia

Hoxe queremos lembrarvos que + Infancia segue en activo. Trátase dun programa coordinado por @dignidadgalicia destinado a promover a integración social de menores en situación de vulnerabilidiad e ás súas familias. Nel, trabállase en rede con diferentes centros educativos, administracións e entidades da zona.

En Acción Familiar Ferrol encargámonos de abordar tanto as necesidades educativas como emocionais dos e as menores e as súas familias. Así, lévase a cabo unha atención personalizada mediante actividades de reforzo educativo e atención psicoterapéutica, contribuíndo ao benestar e desenvolvemento integral. Grazas á combinación de ambos servizos ofrécese unha atención integral e personalizada que aborda tanto as necesidades educativas como emocionais dos/as menores e as súas familias, contribuíndo ao seu benestar e desenvolvemento integral.

Este programa desenvólvese grazas a Fondos Europeos e a @fundlacaixa.

Directo “O Proceso de dó durante a etapa da adolescencia”

Compartimos con vós este directo no que se abordou o proceso de dó nas persoas adolescentes ante a perda dun ser querido, recoñecendo as dificultades emocionais, cognitivas e sociais que inflúen en como viven e expresan a dor. Destacouse a importancia do acompañamento emocional por parte dunha persoa adulta durante todo o proceso, co fin de facilitar a adaptación á nova realidade.

Este directo forma parte do Proxecto de Educación Familiar, que está subvencionado pola @xuntagalicia

Podedes botarlle un ollo na seguinte ligazón, así como ao resto das nosas publicacións. Grazas pola vosa atención!

Día da Familia

O 15 de maio celebrouse o Día da Familia. Dende o Programa de Intervención Integral destinado á poboación xitana do Concello de Narón, as persoas e familias usuarias escribiron palabras relacionadas ca familia, que quedaron expostas nunha árbore.

Deste xeito, pódese observar que aínda que o concepto de familia sexa diverso, existen características que deberían ser comúns a todas, como o amor, o respecto ou a protección 🫂.

Grazas a todas as persoas que pasticipastes!

2025 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA