Webinar “Seguridade Dixital”

O 26 de Febreiro levamos a cabo un Webinar na nosa conta de Instagram (@afa_ferrol) no que falamos da seguridade no uso de dispositivos electrónicos e nas redes sociais. Trátase dunha novidade do programa “Ponte en Liña”, relacionado coas persoas maiores e a tecnoloxía. 👴🏼👵🏼

Grazas á financiación da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, continuamos coas actividades grupais e individuais na Residencia de Maiores de Caranza e na Casa Solidaria, á que se suman estas novas pílulas informativas. 📱

Tedes a ligazón do directo para máis información. Non volo perdades!

Subvención FOAXE-P 2024

Durante os meses de maio a decembro de 2024, mediante a convocatoria de FOAXE-P, a Deputación da Coruña subvencionou con 4240€ (15%) a continuación do Proxecto de Educación Familiar.

Hai varios anos que a @depucoruna nos concede esta subvención; con ela podemos realizar prevención de problemáticas familiares e proporcionar apoio psicolóxico e xurídico ás persoas con escasos recursos.

Moitas grazas!!

Subvención FOIE 2024

No ano 2024, a Deputación da Coruña, mediante a convocatoria de FOIE, subvencionou 1056,59€ (80%) para un ordenador portátil, un teclado con rato e unhas novas cadeiras para as persoas traballadoras do Protrama de Minorías Étnicas.

Grazas a esta subvención da @depucoruna podemos renovar o noso mobiliario e o material informático para poder levar a cabo os nosos programas.

Moitas grazas!

Inicio Programa “Cuestión de Inclusión”

Este ano 2025 comezamos un novo programa: Cuestión de Inclusión, destinado á comunidade xitana en situación de exclusión social severa.

A través de itinerarios personalizados de inserción, o que se pretende é impulsar as competencias básicas prelaborais das persoas xitanas mediante o asesoramento e o apoio individualizado durante todo o proceso.

Este programa está subvencionado pola @xuntagalicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade.

Inicio Programa “Construíndo o meu futuro”

No mes de Febreiro, iniciouse un novo programa: “Construíndo o meu futuro”, destinado a mulleres vítimas de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade.

A través de diferentes actuacións, se traballarán as necesidades individuais e específicas das mulleres usuarias, co fin de promover, a través de espazos de reflexión, a súa autonomía como ferramenta de prevención ante situacións de violencia, e dotalas así de habilidades para facer fronte ás situacións de desvantaxe social, cultural e laboral.

Este programa está subvencionado pola @xuntagalicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade.

Directo “Violencia de xénero na adolescencia. Prevención familiar”

O día 6 de Febreiro compartimos con vós este directo dende a nosa conta de Instagram (@afa_ferrol). Falamos de diferentes factores de risco na adolescencia, relacionados coa violencia de xénero, así como de variables que incrementan a probabilidade de sufrilo. Tamén comentaremos o papel das familias á hora de previr esta problemática.

Coma sempre, esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, será posible grazas á subvención do IRPF da @xuntagalicia.

Invitámosvos a visualizar e escoitar o directo na seguinte ligazón para saber máis. Grazas pola vosa atención!

Continuación Programa “Ponte en Liña”

A brecha dixital é unha das dificultades emerxentes que mais está obstaculizando a vida das persoas maiores. 👴🏼👵🏼

Por iso, dende AFA Ferrol continuamos co noso programa Ponte en Liña, destinado a promover a autonomía das persoas maiores a través do uso da tecnoloxía. 📱

Grazas á financiación da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, continuamos coas actividades grupais e individuais na Residencia de Maiores de Caranza e na Casa Solidaria. 📍

Ademais, nesta nova edición, realizaremos varias pílulas informativas sobre temas relacionados coas persoas maiores e a tecnoloxía. Non volo perdades! 📖

Entrevista Radio COPE

📻A nosa compañeira Elena foi entrevistada na emisora COPE Ferrol, e falou sobre os seguintes temas:

  • Traxectoria da entidade.
  • Diferentes programas que realizamos.
  • Pautas para lidiar ca Depresión.

Deixámosvos a ligazón para que poidades escoitala 🔊. Grazas pola vosa atención!

Sesión Fundación “La Caixa”

O 30 de Xaneiro sistimos, en Vigo, a unha sesión sobre a Convocatoria de Proxectos Sociais Galicia 2025 de @fundlacaixa.

O seu obxectivo foi informar ás entidades sociais de Galicia para fomentar iniciativas que promovan a igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade.

En Acción Familiar Ferrol colaboramos coa Fundación “La Caixa”, tanto no noso programa “Caixa Proinfancia” como no proxecto “+ Infancia”, da man de @dignidadgalicia.

Continuación Programa “+ Infancia”

Continuamos tamén con + Infancia, un programa da man de @dignidadgalicia destinado promover a integración social de menores en situación de vulnerabilidiade e ás súas familias.

En Acción Familiar Ferrol encargámonos de abordar tanto as necesidades educativas como emocionais dos e das menores e as súas familias. Así, lévase a cabo unha atención personalizada mediante actividades de reforzo educativo e atención psicoterapéutica, contribuíndo ao benestar e desenvolvemento integral.

Este programa desenvólvese grazas a Fondos Europeos e a @fundlacaixa.

2025 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA