Día escolar da Paz e da non violencia!!

O pasado Luns día 30 de Xaneiro, foi o día escolar da paz e da non violencia.

En AFA Ferrol cremos na cultura da paz, tolerancia e respecto mutuo e consideramos que a escola é a ferramenta para a acadar o entendemento entre todas as persoas e o seu compromiso de concordia.

Por iso o alumnado que forma parte das actividades formativas do Programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana do Concello de Narón, quixo participar deste día elaborando un mural para reivindicar a necesidade de que as escolas sexan espazos libres de violencia.

“Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño” – Mahatma Ghandi – ☮

Nova Edición Reinvéntate

O pasado venres, 20 de xaneiro, deu comezo unha nova edición de Reinvéntate!

Como xa sabedes, este é un programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

  •  Dirixido a mulleres sen formación ou con baixa cualificación.
  • Na Casa Solidaria, 6º andar.
  • O programa durará ata o mes de agosto.

Para inscribirte ou para máis información ponte en contacto no 981358023 ou a través do email: afaferrol@accionfamiliar.org

Día Internacional da Educación

Onte, Martes 24 de Xaneiro, foi o día internacional da Educación.

A educación é un dereito fundamental, e dende AFA Ferrol sempre apostamos por unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todas as persoas.

Por iso, quixemos facer partícipe a todo o alumnado que forma parte dos nosos programas de Reforzo Educativo deste día.

 Nenos e nenas involucráronse nunha preciosa actividade na que puideron expresar o compromiso que todos e todas temos coa ensinanza e a aprendizaxe.

A educación é a mellor ferramenta para cambiar o mundo.

 

 

 

 

Escola de Familias: Segunda Edición do Obradoiro de Sexualidade

Abrimos o prazo de inscrición na Escola de Familias!!

Xa non queda nada para que comece a Segunda Edición do noso Obradoiro de Sexualidade, que contará con 3 sesións os días 1, 8 e 15 de Febreiro en horario de 17.00h a 18.30h.

Esta iniciativa tenta achegar ás familias a importancia da sexualidade na mocidade, buscando a forma de traballar e atallar posibles dificultades e aportando ferramentas para crear un clima de confianza e comunicación.

Se queres máis información non dubides en contactarnos:

☎ 981358023

✉ afaferrol@accionfamiliar.org

Novo Convenio de colaboración coa Fundación Nortempo

Pechamos o ano cunha gran nova:

¡Asinamos coa Fundación Nortempo un convenio de colaboración destinado a facilitar a inserción laboral das nosas persoas participantes!

A Fundación Nortempo desenvolve proxectos e programas destinados á formación e asesoramento de persoas en risco de exclusión social , co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e facilitar a súa integración no mercado laboral.

A colaboración activa entre ambas entidades por un obxectivo común facilitará a súa consecución, tratando, ademáis, de reducir a discriminación no acceso ao mercado laboral.

Aproveitamos esta oportunidade para agradecer enormemente á Fundación Nortempo o seu interese e apoio, que será clave para o correcto desenvolvemento das actividades comprendidas dentro da área de emprego dos nosos programas.

Algúns dos programas que se verán beneficiados polo novo convenio son:

  • Programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana do Concello de Narón.
  • Reinvéntate.
  • Confía.

Podedes obter máis información sobre os servizos da Fundación Nortempo na súa páxina web: https://nortempo.com/fundacion/

Xuntas por un obxectivo común!

Ponte en liña: Pechamos o ano, pero non a xanela!

Este mes pechamos o programa Ponte en liña ata o próximo ano!

Como xa sabedes, este programa está destinado á promoción do emprego das TICs en persoas maiores.

Durante todo o ano estivemos a realizar, tanto de xeito grupal como individual, actividades formativas co obxectivo de facilitar a mellora da calidade de vida das persoas participantes.

Neste final de ano facemos unha despedida por todo o alto, aumentando o número de horas formativas! Deste xeito, temos a oportunidade de realizar, xunto coas nosas persoas participantes, un repaso de todos os coñecementos aprendidos durante este 2022 e a marcación de obxectivos tecnolóxicos para o próximo ano.

Pechamos o ano, pero non a xanela!

Reforzo educativo en Narón

??‍? Xa retomamos as nosas clases de reforzo educativo!

? Na Casa da Cultura de Narón.

? ? As clases impártense os martes de 10.00h a 13.00h.

?✍️ Ademais de servir para comezar o curso con forza, facilitará a conciliación das familias participantes do programa.

? Dirixido á poboación xitana do Concello de Narón.

Actuación Coral Eixil de Cedeira

Na tarde de onte, 8 de xuño, celebrouse na Residencia de Maiores de Caranza, unha actuación da Coral Polifónica Eixil de Cedeira.

Foi unha tarde festiva para todos/as os/as participantes, voluntarios/as e residentes.

A Residencia agradeceu ao persoal voluntario de Acción Familiar os programas que desenvolve na Residencia, dirixidos á terceira idade.

Este concerto celébrase dentro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Formación permiso de conducir B

?? Presentámosvos o novo cartel da nosa aula de formación do permiso de conducir clase B, onde explicamos o temario, realizamos test e resolvemos dúbidas.

? Na Casa da Cultura de Narón.

? As clases impártense os xoves ao longo de todo o ano, e son totalmente gratuítas.

?? É unha formación práctica e útil que ten como obxectivo que os alumnos e alumnas aproben a parte teórica do permiso de conducir clase B, e así melloren a súa inclusión no mercado laboral.

? Esperámoste!
Fala con nós para apuntarte.

Actuación Coral Polifónica Eixil de Cedeira

O vindeiro 8 de xuño teremos a actuación da Coral Polifónica Eixil de Cedeira, na Residencia de Maiores de Caranza, como agradecemento ao persoal voluntario que participa nos nosos programas dirixidos á terceira idade.

Este concerto realizarase ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

2025 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA