Compartimos con vós este directo no que se abordou o proceso de dó nas persoas adolescentes ante a perda dun ser querido, recoñecendo as dificultades emocionais, cognitivas e sociais que inflúen en como viven e expresan a dor. Destacouse a importancia do acompañamento emocional por parte dunha persoa adulta durante todo o proceso, co fin de facilitar a adaptación á nova realidade.
Este directo forma parte do Proxecto de Educación Familiar, que está subvencionado pola @xuntagalicia
Podedes botarlle un ollo na seguinte ligazón, así como ao resto das nosas publicacións. Grazas pola vosa atención!