Recentemente levamos a cabo un obradoiro no que se abordou o tema da discapacidade e as súas diferentes formas. Ademais, mediante dinámicas participativas, reflexionouse sobre as distintas barreiras ás que teñen que enfrontarse as persoas con discapacidade no seu día a día.
Os/as participantes ofreceron a súa visión a través de experiencias vividas de primeira man e tamén debateron en torno aos estereotipos e prexuízos que envolven a este colectivo, así como sobre cales son as causas e consecuencias destes.
Finalmente, compartíronse unha serie de estratexias prácticas destinadas a favorecer a inclusión e a participación das persoas con discapacidade, especialmente cando estas forman parte do seo familiar.
Esta actividade forma parte de noso Programa “Inclusión 360º”, e é posible grazas á subvención de IRPF da @xuntagalicia