Hoxe queremos lembrarvos que + Infancia segue en activo. Trátase dun programa coordinado por @dignidadgalicia destinado a promover a integración social de menores en situación de vulnerabilidiad e ás súas familias. Nel, trabállase en rede con diferentes centros educativos, administracións e entidades da zona.
En Acción Familiar Ferrol encargámonos de abordar tanto as necesidades educativas como emocionais dos e as menores e as súas familias. Así, lévase a cabo unha atención personalizada mediante actividades de reforzo educativo e atención psicoterapéutica, contribuíndo ao benestar e desenvolvemento integral. Grazas á combinación de ambos servizos ofrécese unha atención integral e personalizada que aborda tanto as necesidades educativas como emocionais dos/as menores e as súas familias, contribuíndo ao seu benestar e desenvolvemento integral.
Este programa desenvólvese grazas a Fondos Europeos e a @fundlacaixa.