Directo “A importancia dos avós e avoas na crianza”

Onte, 8 de maio, compartimos a través da nosa conta de instagram (@afa_ferrol) un directo do noso programa “Proxecto de Educación Familiar”, subvencionado pola @xuntagalicia.

Nel, analizouse o rol que desempeñan os avós e avoas na crianza na actualidade. Tamén abordamos os beneficios mutuos do coidado de netos e netas, e reflexionamos acerca da importancia de ofrecer apoio sen descoidar a propia saúde, para evitar posibles efectos prexudiciais.

Convidámosvos a botarlle un ollo ao directo completo, picando nesta ligazón 😊. Moitas grazas pola vosa atención!

Directo “Roles e estereotipos de xénero. Principais axentes de transmisión”

O pasado luns, 28 de abril, compartimos a través da nosa conta de instagram (@afa_ferrol) un directo do noso programa “Cuestión de Inlusión”, subvencionado pola @xuntagalicia.

Nel, abordouse o tema da transmisión de estereotipos de xénero e de como estes asignan roles e comportamentos desde a infancia, ademais de tratar a importancia de cuestionalos para avanzar cara a unha educación baseada na igualdade.

Convidámosvos a botarlle un ollo ao directo completo, picando nesta ligazón 😊. Moitas grazas pola vosa atención!

Inicio Programa “Inclusión 360º”

 

Este mes de maio dá comezo o noso programa Inclusión 360º, destinado a mulleres con discapacidade.

A súa finalidade principal é favorecer ou mellorar a súa inclusión sociolaboral. Para elo realizaranse actuacións directas coas participantes co obxectivo de promover o seu empoderamento persoal, mellorar a súa empregabilidade e proporcionarlles orientación cara un emprego digno e estable.

Ademais, tamén se desenvolverán diferentes accións dirixidas tanto ás súas familias como á sociedade en xeral.

A realización deste programa é posible grazas á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade. Queremos amosarlle os nosos agradecementos por outorganos a subvención que nos permitirá mellorar a calidade de vida das nosas destinatarias e loitar en contra do estigma existente arredor das mulleres con discapacidade.

Non dubides en poñerte en contacto a través dos diferentes medios que tes á túa disposición se desexas obter máis información.

Inclusión 360º

Inclusión 360º é un programa que ten como finalidade favorecer a integración sociolaboral de mulleres con discapacidade. Para elo, realizaranse diferentes actuacións para promover o desenvolvemento persoal das participantes, así como a adquisición de habilidades tanto persoais, como sociais e laborais que melloren a súa empregabilidade e que faciliten o seu proceso de búsqueda, acceso e mantemento dun posto laboral.

Ademais, levaranse a cabo accións coas familias das destinatarias para proporcionarlles orientación para apoiar ás súas familiares no seu proceso de empoderamento, abordar diferentes situacións que poden surxir nas relacións intrafamiliares e facilitar información relevante sobre a discapacidade e
todo o que esta abarca.

Finalmente, coa implementación deste programa tamén se desenvolverán actividades de información, formación e sensibilización en relación aos conceptos de discapacidade e de xénero nas redes sociais.

A continuación, invitámosvos a que coñezades máis en profundidade Inclusión 360º: Tríptico.pdf

Este programa está subvencionado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade.

2025 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA