Inclusión 360º

Inclusión 360º é un programa que ten como finalidade favorecer a integración sociolaboral de mulleres con discapacidade. Para elo, realizaranse diferentes actuacións para promover o desenvolvemento persoal das participantes, así como a adquisición de habilidades tanto persoais, como sociais e laborais que melloren a súa empregabilidade e que faciliten o seu proceso de búsqueda, acceso e mantemento dun posto laboral.

Ademais, levaranse a cabo accións coas familias das destinatarias para proporcionarlles orientación para apoiar ás súas familiares no seu proceso de empoderamento, abordar diferentes situacións que poden surxir nas relacións intrafamiliares e facilitar información relevante sobre a discapacidade e
todo o que esta abarca.

Finalmente, coa implementación deste programa tamén se desenvolverán actividades de información, formación e sensibilización en relación aos conceptos de discapacidade e de xénero nas redes sociais.

A continuación, invitámosvos a que coñezades máis en profundidade Inclusión 360º: Tríptico.pdf

Este programa está subvencionado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade.

2025 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA