Continuación Programa “Caixa Pronfancia”

Este ano continuamos co Programa “Caixa Proinfancia”, da man de @fundlacaixa @caixaproinfanciavigo.

Este focalízase no reforzo individual e grupal destinado a rapaces e rapazas en risco de exclusión. Tamén se trata de potenciar a aprendizaxe global, en canto a valores e intelixencia emocional.

O obxectivo principal é romper o círculo de transmisión da pobreza dunha xeración á seguinte, garantindo o acceso a oportunidades educativas de calidade.

Bo Nadal!

🎄✨ As rapazas de “Relatos entre retais” puxeron toda a súa creatividade na árbore de Nadal adornándoo cos seus deseños.
Agradecemos enormemente a súa implicación e dedicación, xa que sen elas este Nadal non sería o mesmo!.

Bo Nadal! ✨🎄

Directo “Influencia de contidos inapropiados na sexualidade da adolescencia”

O día 12 de decembro de 2024 compartimos con vós este directo dende a nosa conta de Instagram (@afa_ferrol). Nel, falamos acerca de como os contidos inapropiados aos que as persoas adolescentes teñen acceso a través da rede inflúen na súa educación afectiva e sexual. Tamén tratamos a forma de previr o consumo deste tipo de contidos dende o contexto familiar.

Coma sempre, esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, é posible grazas á subvención do IRPF da @xuntagalicia.

Invitámosvos a visualizar e escoitar o directo na seguinte ligazón para saber máis. Grazas pola vosa atención!

PUNTO DE INFORMACIÓN DO VOLUNTARIADO

Onte estivemos no Centro Cultural Universitario do Campus de Esteiro dando visibilidade ás nosas actividades de voluntariado.

O noso obxectivo foi informar a todos/as aqueles/as que se achegaron e animalos/as a formar parte do equipo de AFA Ferrol. Ademais, puidemos dar a coñecer a experiencia dalgunhas das persoas voluntarias que colaboran con nós, quenes tamén participaron nesta xornada compartindo a súa traxectoria.

Queremos dar as grazas á UDC por ofrecernos o seu espazo, así como tamén a todas as persoas que nos adicaron un anaco do seu tempo.

Esta acción está enmarcada dentro do noso Programa de Voluntariado Xuvenil, o cal é posible grazas á subvención que nos outorga a Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude).

 

E agora, onde vivo? Unha alternativa ás residencias de maiores

Hoxe levamos a cabo un obradoiro no que falamos das diferentes opcións de habitabilidade que existen para as persoas maiores.

A sesión resultou moi interesante para as participantes!

Sorprendéronse ao coñecer as diferentes alternativas que existen, deixando a un lado as residencias tradicionais. Por suposto, estas últimas son unha boa opción, pero é preciso garantir unha atención centrada na persoa e na súa relación coa contorna.

Esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, foi posible grazas á subvención do IRPF da Xunta de Galicia.

 

 

Voluntariado Sénior

Grazas ás persoas voluntarias que colaboran en “Acompáñame”, o noso programa de Voluntariado Sénior, podemos apoiar a persoas maiores institucionalizadas.

Para agradecer a súa labor e adicación, convidámolas a unha comida na que, ademais de pasar un bo anaco, compartimos diferentes experiencias e vivencias.

Este programa está subvencionado pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude).

Queremos agradecer á Xunta de Galicia por apoiar a súa implementación.

Grazas tamén a todos/as quenes formades parte do voluntariado! Sen vós non sería posible!

Grazas pola túa doazón!

Hoxe recibimos unha doazón de fichas de actividades variadas que serán de gran utilidade para as nosas actividades de reforzo educativo!

Moitísimas grazas á persoa que fixo esta gran aportación e a todos/as quenes nos apoiades! ?



Xestión de condutas problemáticas durante a infancia

Onte estivemos en directo a través do noso Instagram (afa_ferrol) para falar sobre os diferentes estilos educativos parentais, as condutas negativas que se presentan con maior frecuencia na infancia e a xestión destas dende o contexto familiar.

No que se refire aos diferentes estilos educativos, estes son catro: autoritario, permisivo, neglixente e democrático. Este último é o máis saudable e o que máis favorece as relacións familiares xa que, aínda que se establecen normas e límites, tamén existe un grao de afecto e apoio considerable por parte dos/das educadores.

En cando ás condutas negativas máis frecuentes nos/as infantes, entre estas destacan a desobediencia, o negativismo e as perrenchas. O feito de que estas aparezan non implica que exista un problema condutual. Forman parte do proceso evolutivo e, normalmente, desaparecen co tempo.

Concretamente, nesta actividade centrámonos en falar das perrenchas, xa que adoita ser a que antes aparece e a que pode ocasionar preocupación nos/as educadores/as nun primeiro lugar.

Finalmente, en canto á xestión destas perrenchas, falamos da importancia de amosar firmeza e serenidade para que o neno/a entenda que non é a forma correcta de actuar. Unha vez que se deu conta de que a súa conduta non foi efectiva e o seu desexo non vai ser conseguido, o importante é retirarlle a atención e non reforzar o seu comportamento, o que se coñece como realizar o acto da extinción. Para lograr este último hai que seguir unha serie de pasos, os cales tamén detallamos.

Non debemos esquecer que tamén é fundamental reforzar todas as condutas positivas que teñen lugar fóra das situacións das perrenchas para que aprendan cal é a forma correcta de realizar as súas peticións. Para iso, podemos aplicar diferentes elementos reforzadores. Convidámosvos a visualizar e escoitar a gravación no noso Instagram (@afa_ferrol) para saber cales son.

Como sempre, esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, foi posible grazas á subvención do IRPF da Xunta de Galicia.

2025 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA